Inscripción no Campamento 2010

luns 05 xullo 2010

Ábrese o prazo para a inscripción de grupos participantes no Campamento galaico-romano da Festa do Esquecemento 2010 ata o vindeiro día 10 de Agosto.
infórmate de como facelo seguindo este enlace: www.esquecemento.es/participa.html

Festa do Esquecemento 2010

luns 05 xullo 2010

Achégase a edición número 10 da Festa do Esquecemento. Seguindo coa norma destes últimos anos a festa celebrarase a penúltima fin de semana de Agosto, e decir os vindeiros 20, 21 e 22 de Agosto. Dende a Civitas Limicorum levamos tempo traballando para que un ano máis o pobo de Xinzo se transforme na "Civitas Limicorum" da antigüidade durante eses días de festa e historia.

Cambios na directiva

mércores 28 abril 2010

A pasada Asamblea Xeral deu como froito un cambio na directiva de xeito que o ata agora secretario Adolfo Feijoo, deixa o cargo en favor de Antonia Delgado para pasar a ser vocal da Civitas. Antonia é socia da Civitas dende hai anos e para a súa elección contou co apoio unánime dos asistentes a Asamblea. Sorte Toña!

Asamblea 2010

xoves 25 marzo 2010

O vindeiro día 12 de abril, ás 20:30h ou ás 21:00h (en primeira ou segunda convocatoria respectivamente),  terá lugar no local social da asociación, a Asamblea Xeral da A.C. Civitas Limicorum coa presentación de contas relativas ó exercicio 2009, para a súa aprovación si procede, e a lectura de candidaturas e elcción de nova directiva como puntos principais da orde do día. Como sabedes, a Asamblea Xeral é o máximo órgano de goberno da nosa asociación; tódalas decisións adoptadas na asamblea teñen que contar coa aprobación mediante voto, da maioría simple dos socios; por este motivo e para garantiza-la maior representatividade das decisións que se tomen, é mui importante que tódolos socios asistan e participen nesta asamblea.

Acceso ó documento de convocatoria da Asamblea Xeral

Xantar 2010

xoves 18 marzo 2010


Os pasados días 4 a 7 de marzo tivo lugar no recinto feiral de Expourense unha nova edición da feira gastronómica Xantar. A Civitas Limicorum foi convidada a participar como reforzo da imaxe da comarca da Limia na feira, e por suposto alí acudimos.

Natale di Roma 2010

xoves 18 marzo 2010

Un ano máis a Civitas Limicorum acude á Roma para participar na conmemoración da fundación da “cidade eterna”. Os vindeiros días 17 a 20 de Abril, unha representación da Civitas Limicorum acudirá a Roma para participar na que sen dúbida é a cita máis importante do ano para os grupos de recreación histórica de época romana de toda Europa. O Natale di Roma está organizado polo Gruppo Storico Romano en colaboración co Comune di Roma e está concevido como un ciclo conmemorativo da fundación da cidade eterna no que se suceden diferentes actos como desfiles, representacións teatrais e de música, exposicións etc.

Páxina do G.S.R. www.gsr-roma.com/index_flash.html

Esquecemento 2009

xoves 14 xaneiro 2010