Asamblea 2010

xoves 25 marzo 2010

O vindeiro día 12 de abril, ás 20:30h ou ás 21:00h (en primeira ou segunda convocatoria respectivamente),  terá lugar no local social da asociación, a Asamblea Xeral da A.C. Civitas Limicorum coa presentación de contas relativas ó exercicio 2009, para a súa aprovación si procede, e a lectura de candidaturas e elcción de nova directiva como puntos principais da orde do día. Como sabedes, a Asamblea Xeral é o máximo órgano de goberno da nosa asociación; tódalas decisións adoptadas na asamblea teñen que contar coa aprobación mediante voto, da maioría simple dos socios; por este motivo e para garantiza-la maior representatividade das decisións que se tomen, é mui importante que tódolos socios asistan e participen nesta asamblea.

Acceso ó documento de convocatoria da Asamblea Xeral






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado