Natale di Roma 2010

xoves 18 marzo 2010

Un ano máis a Civitas Limicorum acude á Roma para participar na conmemoración da fundación da “cidade eterna”. Os vindeiros días 17 a 20 de Abril, unha representación da Civitas Limicorum acudirá a Roma para participar na que sen dúbida é a cita máis importante do ano para os grupos de recreación histórica de época romana de toda Europa. O Natale di Roma está organizado polo Gruppo Storico Romano en colaboración co Comune di Roma e está concevido como un ciclo conmemorativo da fundación da cidade eterna no que se suceden diferentes actos como desfiles, representacións teatrais e de música, exposicións etc.

Páxina do G.S.R. www.gsr-roma.com/index_flash.html






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado